lunes, 16 de marzo de 2009
A MIÑA IRMÁ FALA
A MIÑA IRMÁ FALA: DI GU GU E RÍ CANDO EU FALO PERO CANDO TEN GASITOS CHORA.
EU QUERO MOITO A MIÑA MAMÁ.
CÓNTOLLE MOITOS CONTOS E DOULLE MIMITOS.
Sabela dixo:Saray de novo quixo escribir ela sóa, coa axuda do cartaz, e volveu ao tema da súa irmanciña. Só tiña a primeira frase e xa rematara, pero foi onda min e díxome: Profe aquí falta algo, porque agora quero escribir de unha cousa miña e da miña mamá. E así completou o texto.
lunes, 9 de marzo de 2009
LISA É DE ALEMANIA
HOXE POLA TARDE VOU A CASA
DA LISA A NETA DA TERESA
A XOGAR CON ELA.
VAI TAMÉN O CARLOS.
VAMOS A APRENDERLLE A FACER UNHA CASA DEBAIXO DO CANASTRO E TAMÉN A FALAR O GALEGO.
Sabela dixo: Hoxe veu visitarnos Lisa , que vive en Alemania e está a pasar uns días coa súa avoa. Brais púxose tan contento que esqueceu o que tiña pensado escribir para falarnos da súa nova viciña. Pedíu a axuda de Marta, que caseque lle fixo todo o traballo, logo entre tod@s correximos. Na foto Brais e Lisa.
lunes, 2 de marzo de 2009
A ESCOLA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)