lunes, 16 de marzo de 2009
A MIÑA IRMÁ FALA
A MIÑA IRMÁ FALA: DI GU GU E RÍ CANDO EU FALO PERO CANDO TEN GASITOS CHORA.
EU QUERO MOITO A MIÑA MAMÁ.
CÓNTOLLE MOITOS CONTOS E DOULLE MIMITOS.
Sabela dixo:Saray de novo quixo escribir ela sóa, coa axuda do cartaz, e volveu ao tema da súa irmanciña. Só tiña a primeira frase e xa rematara, pero foi onda min e díxome: Profe aquí falta algo, porque agora quero escribir de unha cousa miña e da miña mamá. E así completou o texto.
lunes, 9 de marzo de 2009
LISA É DE ALEMANIA
HOXE POLA TARDE VOU A CASA
DA LISA A NETA DA TERESA
A XOGAR CON ELA.
VAI TAMÉN O CARLOS.
VAMOS A APRENDERLLE A FACER UNHA CASA DEBAIXO DO CANASTRO E TAMÉN A FALAR O GALEGO.
Sabela dixo: Hoxe veu visitarnos Lisa , que vive en Alemania e está a pasar uns días coa súa avoa. Brais púxose tan contento que esqueceu o que tiña pensado escribir para falarnos da súa nova viciña. Pedíu a axuda de Marta, que caseque lle fixo todo o traballo, logo entre tod@s correximos. Na foto Brais e Lisa.
lunes, 2 de marzo de 2009
A ESCOLA
jueves, 26 de febrero de 2009
TEÑO UN PORQUIÑO PEQUENO
TEÑO UN PORQUIÑO PEQUENO QUE NOS TROUXO A NAI DE MIGUEL .
PUXEMOLO NO CORTELLO DE LUKI PORQUE A LUKI XA O MATAMOS.
TAMÉN TEÑO UNHA OVELLA MANSA QUE ESTÁ A PARIR UN DIA DESTOS.
TEÑO 5 OVELLAS PERO SÓ HAI UNHA MANSA.
PUXEMOLO NO CORTELLO DE LUKI PORQUE A LUKI XA O MATAMOS.
TAMÉN TEÑO UNHA OVELLA MANSA QUE ESTÁ A PARIR UN DIA DESTOS.
TEÑO 5 OVELLAS PERO SÓ HAI UNHA MANSA.
Sabela dixo: A Jose axudoulle Marta pero cansaron cedo de copiar do cartaz e tiven que seguir eu. Cando estabamos correxindo na PDI, a Jose se lle acordaban moitas máis cousas que contar da súa ovella mansa pero como xa era tarde decidimos deixalo para mañán na roda. E cando tod@s estaban a esperar pola foto dos amigos, Jose decidíu que quería unha foto coa súa nai, e así foi.
jueves, 19 de febrero de 2009
O MEU AVÓ NON CAMIÑA
COMO O MEU AVÓ NON PODE CAMIÑAR
ESTÁ NO COMEDOR MIRANDO A TELE
E EU MENTRAS, XOGO CON EL ÁS CASIÑAS.
Sabela dixo: Aínda que Yanira tiña un cartaz, pedíu axuda a Saray e as dúas "pelexaron" co texto e sobre todo, divertíronse traballando xuntas. Cando se cansaron chamaron: profe, sigue ti. Logo de correxir na PDI tocou escoller as fotos, e Saray non foi quen de convencer a Yanira de pedir unha foto coa súa nai no coche. Yanira o tiña claro: quero unha foto con David e Noemi. ¿E conmigo non?- dixo Saray- pois non te axudo nunca NUNCA máis.
lunes, 16 de febrero de 2009
XOGAMOS A PAPÁS E MAMÁS
MARTA ERA A MIÑA FILLA
E DEUME UN BICO NA CARA
E EU DINLLE UNHA APRETA
ERIKA ERA A NAI E ENFADOUSE CONMIGO
Sabela dixo: David escribíu el só o texto. Tiña pensado falar da tarde que pasou no parque de Salvaterra pero no recreo enfadouse con Érika e tiña que contalo.Como sempre logo correximos no encerado dixital, pero como veredes na foto, o traballo foi pequeno.
jueves, 12 de febrero de 2009
A MIÑA TIA ORDEÑOU AS VACAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)