jueves, 29 de enero de 2009
NA CASA DA MIÑA AVOA
O SABADO VOU A CASA DA MIÑA AVOA DE SELA.
SI VAI AO MONTE A APAÑAR FENTOS VOU CON ELA.
O MEU IRMAN CORTA OS FENTOS COA DESBROZADORA E NÓS METÉMOLOS NOS CESTOS
LOGO SUBIMOS AO TRACTOR E IMOS AO PARAISO, QUE É ONDE ESTÁN AS GALIÑAS. NÓS XA NON VIVIMOS ALÍ, É UNHA CASA MOI VELLA.
AO MELLOR TAMÉN VAMOS A FRESAR. TEMOS QUE IR CO TRACTOR GRANDE QUE É O QUE TEN A FRESA.
O MEU IRMÁN APARCAO NA VEIGA, DESCANSAMOS UN POUCO E DESPOIS EMPEZA A FRESAR.
A MIÑA AVOA ABRE BURACOS PARA PLANTAR COUVES E EU LLE AXUDO.
SEMPRE ME GUSTA IR A SELA.
Sabela dixo: hoxe Brais quixo escribir só, sen axuda e sen contarllo a ninguén, só a min. Cando os demáis leron no encerado a entrada de Brais, David dixo:
-Como me gustaría coñecer a túa avoa!
E Carlos comentou:
- Eu antes tiña un avó na casa, pero xa morreu, menos mal que teño outro un pouco máis abaixo.
Logo tod@s estiveron un bo rato falando do moito que lles gostaba axudar aos seus avós a traballar nas veigas.
Foi unha conversa ben bonita.
lunes, 26 de enero de 2009
O VENTO
CAIUNOS UNHA TELLA E ROMPEU A CANCELA.
NA CASA DA MIÑA AVOA, NAS PUNTALEIRAS, CAIRON PIÑEIROS, E NA COSTA TAMÉN.
EU NON ESCOITEI NINGÚN BARULLO DE VENTO, QUEN MO CONTOU FOI O MEU IRMÁN PEPE
Sabela dixo: Carlos axudou a Marta a escribir algunhas palabras e David axudoulle no encerado a poñer as letras que faltaban. Marta escolleu o debuxo de Noemí sobre o vento para poñer nesta entrada.
jueves, 22 de enero de 2009
O BIZCOITO DE MATEO
BOTEILLE AZUCRE, OVOS, LIMÓN E ACEITE.
OUTRO BIZCOITO PINTEINO CUN PINCEL PERO ESTE NON.
PÚXENLLE UN PAPEL POR RIBA PARA QUE NON SE VIRA.
TROUXENO A ESCOLA PARA COMELO TODOS.
HOXE MIÑA NAI FIXO UNHA CARTA CON MOITAS LETRAS PERO EU SEI LER, ALGUNHA NON, PERO PREGUNTO.
É UNHA RECETA .
Sabela dixo: Noemi axudou a Mateo a buscar as letras no teclado. Mateo copiou dun cartaz a primeira frase,as outras, escribinllas eu.
lunes, 19 de enero de 2009
MORDENDO A ROUPA
O COQUI MORDE A ROUPA TODA.
ZAPATILLAS NA BOCA.
O QUE APAÑA POR DIANTE LEVAO TODO PARA A COCIÑA.
A MIÑA NAI BÉRRALLE PERO NON LLE FAI CASO.
CANDO VOLVO DA ESCOLA ESPÉRAME SENTADO AO LADO DA PORTA DUNHA VECIÑA.
Sabela di:
Axudaron a Elena: David e Marta.
O que está escrito en verde escribinno eu, Sabela.
Elena tiña moitas cousas que contar , pero resultaba moi cansado para ela escribir tanto- aínda é amarela, de catro anos-, e cando lle pareceu díxome:
Elena tiña moitas cousas que contar , pero resultaba moi cansado para ela escribir tanto- aínda é amarela, de catro anos-, e cando lle pareceu díxome:
- Agora escribe ti o que eu che digo.
Ao sair da escola fomos sacarlle unha fota a Coqui, o seu can , para que tod@s o coñeceran.
Ao sair da escola fomos sacarlle unha fota a Coqui, o seu can , para que tod@s o coñeceran.
jueves, 15 de enero de 2009
PRIMEIRO DÍA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)