jueves, 26 de febrero de 2009

TEÑO UN PORQUIÑO PEQUENO



TEÑO UN PORQUIÑO PEQUENO QUE NOS TROUXO A NAI DE MIGUEL .

PUXEMOLO NO CORTELLO DE LUKI PORQUE A LUKI XA O MATAMOS.


TAMÉN TEÑO UNHA OVELLA MANSA QUE ESTÁ A PARIR UN DIA DESTOS.

TEÑO 5 OVELLAS PERO SÓ HAI UNHA MANSA.

Sabela dixo: A Jose axudoulle Marta pero cansaron cedo de copiar do cartaz e tiven que seguir eu. Cando estabamos correxindo na PDI, a Jose se lle acordaban moitas máis cousas que contar da súa ovella mansa pero como xa era tarde decidimos deixalo para mañán na roda. E cando tod@s estaban a esperar pola foto dos amigos, Jose decidíu que quería unha foto coa súa nai, e así foi.




jueves, 19 de febrero de 2009

O MEU AVÓ NON CAMIÑA



COMO O MEU AVÓ NON PODE CAMIÑAR

ESTÁ NO COMEDOR MIRANDO A TELE


E EU MENTRAS, XOGO CON EL ÁS CASIÑAS.


Sabela dixo: Aínda que Yanira tiña un cartaz, pedíu axuda a Saray e as dúas "pelexaron" co texto e sobre todo, divertíronse traballando xuntas. Cando se cansaron chamaron: profe, sigue ti. Logo de correxir na PDI tocou escoller as fotos, e Saray non foi quen de convencer a Yanira de pedir unha foto coa súa nai no coche. Yanira o tiña claro: quero unha foto con David e Noemi. ¿E conmigo non?- dixo Saray- pois non te axudo nunca NUNCA máis.




lunes, 16 de febrero de 2009

XOGAMOS A PAPÁS E MAMÁS


MARTA ERA A MIÑA FILLA
E DEUME UN BICO NA CARA
E EU DINLLE UNHA APRETA

ERIKA ERA A NAI E ENFADOUSE CONMIGO





Sabela dixo: David escribíu el só o texto. Tiña pensado falar da tarde que pasou no parque de Salvaterra pero no recreo enfadouse con Érika e tiña que contalo.Como sempre logo correximos no encerado dixital, pero como veredes na foto, o traballo foi pequeno.


jueves, 12 de febrero de 2009

A MIÑA TIA ORDEÑOU AS VACAS



UN DIA FUN A CORUÑA

Á CASA DA MIÑA TIA

E MIREI COMO ORDEÑABA AS VACAS

LOGO BEBÍN O LEITE


Sabela dixo: Érika pedíu a axuda de David e entre os dous compuxeron o texto. Logo entre todos correxímolo no encerado e Érika escolleu as fotos da entrada.






jueves, 5 de febrero de 2009

NEREA É GUAPA


A MIÑA IRMÁ É PEQUENIÑA.

CAGA, COME E CHORA .

EU AXUDO MOITO A MAMÁ E QUEROA MOITO.

APRÉNDOLLE MOITAS CANCIÓNS.

ONTE, A DO PITIÑO AMARELIÑO.


Sabela dixo: Saray na roda explicou que ía escribir sobre o seu avó, pero houbo varias intervencións pedíndolle que contara da súa irmanciña. Aínda que ela nese momento dixo que non, no recreo veu onda min e díxome que "estaba pensando" o que ía poñer da súa nova irmá. Logo eu escribinllo nunha folla e ela botoume do ordenador: -- Vaite, que logo xa me axudas no encerado. E así foi, cando rematou, entre tod@s correximos o texto final e Saray escolleu as fotos que quería poñer.

lunes, 2 de febrero de 2009

O CUMPRE DO TIO MANOLO

O TIO MANOLO ESTABA DE CUMPRE .

FOMOS TODOS A SALVATERRA A UN RESTAURANTE

COMIN CHURRASCO, PATACAS E TARTA

HOXE E O CUMPRE DA MIÑA AVOA PERO COMO ESTA MALIÑA NON O FAI HOXE
QUE O FAI O SÁBADO.


Sabela dixo:Cando Noemi chegou pola mañán xa me dixo "hoxe tócame a min o blog e xa sei o que vou poñer", e así foi. Ela sóa fixo a entrada- cunha pouquiña axuda miña- e ela decidíu que foto quería poñer: "sácame coas miñas mellores amigas".