jueves, 5 de febrero de 2009

NEREA É GUAPA


A MIÑA IRMÁ É PEQUENIÑA.

CAGA, COME E CHORA .

EU AXUDO MOITO A MAMÁ E QUEROA MOITO.

APRÉNDOLLE MOITAS CANCIÓNS.

ONTE, A DO PITIÑO AMARELIÑO.


Sabela dixo: Saray na roda explicou que ía escribir sobre o seu avó, pero houbo varias intervencións pedíndolle que contara da súa irmanciña. Aínda que ela nese momento dixo que non, no recreo veu onda min e díxome que "estaba pensando" o que ía poñer da súa nova irmá. Logo eu escribinllo nunha folla e ela botoume do ordenador: -- Vaite, que logo xa me axudas no encerado. E así foi, cando rematou, entre tod@s correximos o texto final e Saray escolleu as fotos que quería poñer.

1 comentario:

  1. Eu teño un filliño pequeno como a túa irmá. El tamén come, caga, durme e pouco máis. Saray, axuda moito á túa nai que seguro que o necesita.

    ResponderEliminar