lunes, 19 de enero de 2009

MORDENDO A ROUPA




O COQUI MORDE A ROUPA TODA.


VAI ALÁ DENTRO, E VEN POLO COMEDOR ADIANTE COAS
ZAPATILLAS NA BOCA.

O QUE APAÑA POR DIANTE LEVAO TODO PARA A COCIÑA.

A MIÑA NAI BÉRRALLE PERO NON LLE FAI CASO.

CANDO VOLVO DA ESCOLA ESPÉRAME SENTADO AO LADO DA PORTA DUNHA VECIÑA.




Sabela di:

Axudaron a Elena: David e Marta.


O que está escrito en verde escribinno eu, Sabela.
Elena tiña moitas cousas que contar , pero resultaba moi cansado para ela escribir tanto- aínda é amarela, de catro anos-, e cando lle pareceu díxome:

- Agora escribe ti o que eu che digo.

Ao sair da escola fomos sacarlle unha fota a Coqui, o seu can , para que tod@s o coñeceran.







2 comentarios:

  1. Elena, ese Coqui é tremendo. Non será que quer xogar e por iso colle todo o que encontra?
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Elena, que sorte ter un can tan cariñoso que agarda por ti cando chegas da escola.
    Bicos.

    ResponderEliminar