jueves, 29 de enero de 2009

NA CASA DA MIÑA AVOA



O SABADO VOU A CASA DA MIÑA AVOA DE SELA.

SI VAI AO MONTE A APAÑAR FENTOS VOU CON ELA.

O MEU IRMAN CORTA OS FENTOS COA DESBROZADORA E NÓS METÉMOLOS NOS CESTOS

LOGO SUBIMOS AO TRACTOR E IMOS AO PARAISO, QUE É ONDE ESTÁN AS GALIÑAS. NÓS XA NON VIVIMOS ALÍ, É UNHA CASA MOI VELLA.

AO MELLOR TAMÉN VAMOS A FRESAR. TEMOS QUE IR CO TRACTOR GRANDE QUE É O QUE TEN A FRESA.

O MEU IRMÁN APARCAO NA VEIGA, DESCANSAMOS UN POUCO E DESPOIS EMPEZA A FRESAR.


A MIÑA AVOA ABRE BURACOS PARA PLANTAR COUVES E EU LLE AXUDO.

SEMPRE ME GUSTA IR A SELA.


















Sabela dixo: hoxe Brais quixo escribir só, sen axuda e sen contarllo a ninguén, só a min. Cando os demáis leron no encerado a entrada de Brais, David dixo:
-Como me gustaría coñecer a túa avoa!
E Carlos comentou:
- Eu antes tiña un avó na casa, pero xa morreu, menos mal que teño outro un pouco máis abaixo.
Logo tod@s estiveron un bo rato falando do moito que lles gostaba axudar aos seus avós a traballar nas veigas.
Foi unha conversa ben bonita.

1 comentario:

  1. Brais, o que contas é moi bonito.
    Bicos para ti (e para a tua avoa)

    ResponderEliminar